Guía DocenteCurso Facultade de Ciencias da Educación |
2 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Tecnoloxía |
Asignaturas |
Didáctica da tecnoloxía na educación secundaria |
Metodoloxías |
Datos Identificativos | 2018/19 | |||||||||||||
Asignatura | Didáctica da tecnoloxía na educación secundaria | Código | 652602221 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | Anual |
Primeiro | Obrigatoria | 4 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Actividades iniciais | Actividade para levar a cabo na aula en dúas fases diferenciadas: En primeiro lugar mediante unha discusión guiada polo docente, para coñecer os coñecementos previos, interese e motivación do alumnado cara á asignatura. Posteriormente daranse a coñecer os obxectivos e forma de traballo na mesma. |
Estudo de casos | Análise de casos prácticos presentados polo docente. |
Lecturas | Lectura de material bibliográfico e da web e busca e selección de información sobre situacións e estratexias didácticas. |
Análise de fontes documentais | Análise de bibliografía e materiais didácticos da especialidade. |
Simulación | SIMULACIÓN DO MÉTODO DE PROXECTO: O alumnado debe partir dun problema e seguir todas fases do método, desde o punto de vista do profesor e desde o punto de vista do alumno. Como profesor: Define claramente a proposta que debe incluír a súa intencionalidade ou xustificación, así como nivel académico, momento temporal no curso, unidade/s didácticas relacionadas, competencias desenvolvidas, metodoloxía de traballo, agrupamentos e criterios seguidos para o establecemento dos mesmos, necesidades organizativas (material, ferramenta,...) e previsión das dificultades para o alumnado. Como alumno: Elabora o anteproxecto, presentando un informe. Realiza a súa construción, presentando o prototipo e o diario de taller. Realiza a avaliación e elabora a memoria do prototipo. • A EXTENSIÓN DO TRABALLO ESCRITO SERÁ DE 30 PÁXINAS MÁXIMO E 15 PÁXINAS MÍNIMO EN DIN A4, IMPRESAS EN ARIAL 11 A DOBRE ESPAZO E MARXES A 2 CM, EN FORMATO WORD E PDF. OS PLANOS ENTREGARANSE EN PDF. • DEBERASE INCLUIR UN ÍNDICE PAXINADO • ENTREGARASE A TRAVÉS DO CURSO MOODLE CORRESPONDENTE • O PROTOTIPO DEBE ENTREGARSE NA AULA EXPOÑENDO A IDEA E O PROCESO SEGUIDO, PARA O QUE CONTARÁ CADA ALUMNO CON 5-10 MINUTOS |
Saídas de campo | Esta actividade realizarase en dúas fases: A primeira en grande grupo na que se realizará unha visita guiada a algún centro ou institución de interese tecnolóxico. A segunda en pequeno grupo, 3 ou 4 alumnos, segundo o acordo ao que se chegue na aula. Na que se estudarán os aspectos didácticos da actividade. Elaborando un informe no que se inclúan os seguintes apartados: 1. Índice paxinado 2. Intencionalidade da proposta 3. Fundamentación teórica que xustifique a metodoloxía empregada na proposta (dividida en partes por cada membro do equipo, de xeito que cada un estude un aspecto diferente e se chegue a unha fundamentación final) 4. Proposta didáctica na que se contemplen actividades previas, a propia visita e actividades posteriores á visita (dividida segundo os membros do equipo) 5. Conclusións individuais de cada membro do equipo e conclusión grupal. 6. Referencias bibliográficas 7. Anexo. Avaliación do traballo do grupo no que se reflicta claramente as responsabilidades de cada membro. CADA ESTUDANTE TERÁ PARTICIPACIÓN EN TODOS OS APARTADOS A EXTENSIÓN DO TRABALLO ESCRITO SERÁ DE 6 PÁXINAS MÁXIMO E 4 PÁXINAS MÍNIMO POR MEMBRO DO GRUPO EN DIN A4, IMPRESAS EN ARIAL 11 A DOBRE ESPAZO E MARXES A 2 CM, EN FORMATO WORD E PDF. • DEBERASE INCLUIR UN ÍNDICE PAXINADO • ENTREGARASE A TRAVÉS DO CURSO MOODLE CORRESPONDENTE |
Discusión dirixida | Servirá como contraste da avaliación das distintas actividades. Cada alumno deberá presentar aos compañeiros os traballos realizados e se comentarán as distintas metodoloxías propostas. |
|