ASISTENCIA
A asistencia ás sesións presenciais é obrigatoria.
O alumnado con asistencia regular, que non acuda a unha clase na que se realice algunha actividade, terá que facela individualmente e entregala no prazo indicado.
O alumnado que non asistan ó 80% das horas de clase e/ou non presenta as tres tarefas de avaliación terá unha cualificación de non presentado na primeira oportunidade. Na segunda oportunidade, en xullo, deberán de presentar as actividades de avaliación non superadas.
As persoas con matrícula a tempo parcial e con dispensa académica poderán acollerse á unha modalidade de avaliación específica. Para isto, antes do inicio da materia, terán que solicitar unha titoría para establecer o proceso de supervisión das tarefas. As actividades de avaliación son as mesmas que para o resto do alumnado, coa condición de que as actividades grupais serán individuais.
REQUIRIMENTOS PARA APROBAR A MATERIA
A cualificación final será o resultado das puntuación obtidas nas tres actividades de avaliación: 1)Portafolio do alumnado (4 puntos); 2) Estudo de casos (3 puntos); 3) Proba de ensaio (3 puntos). Para superar a materia é indispensable obter a metade da cualificación en cada unha das tres actividades.
INTEGRIDADE ACADÉMICA
PLAXIO: O plaxio en calquera das actividades realizadas durante a materia, incluído o portafolio, será, atendendo ó que se establece na normativa sobre avaliación da UDC, motivo de suspenso.
FALSIFICACIÓN DUNHA SINATURA: Asinar na folla de asistencia por un/unha compañeira ou compañeiro ausente será penalizado coa perda de avaliación continua.