Teaching GuideTerm
Faculty of Educational Studies
  Home | galego | castellano | english | A A |  
5 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Formación e Orientación Laboral
 Subjects
  Learning and education of the modules of formation(training) and labour orientation
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Student portfolio A19 A23 A24 A27 C1 C4 C6 C7 Os criterios de avaliación son :
- A amplitude das aprendizaxes
- Concreción e reflexión sobre as necesidades de formación
- A transferibilidade ó Practicum ( observación e deseño da praxe docente)
- Aportacións para a realización do TFM
30
Oral presentation C3 C1 A presentación vai ser avaliada polo resto dos compañeiros e compañeiras a partir dunha rúbrica. 10
Simulation A5 A8 A13 A14 A15 A16 A20 A21 A22 A23 A24 A25 A32 C1 C3 C5 C6 C7 A programación e a unidade didáctica van ser avaliadas conforme ós criterios establecidos para cada un dos seus elementos (fundamentación teórica e legal; formulación de obxectivos e contidos; integración da perspectiva de xénero, das TIC, das competencias clave e da educación mediática; diversificación metodolóxica e primacia de metodoloxías activas; diversificación nas técnicas e instrumentos de avaliación e participación do alumnado a través da autoavaliación e coavaliación; e coherencia entre os distintos elementos).
Na cualificación individual será tida en conta a contribución ó traballo en equipo e suporá ó 30% da cualificación asignada á tarefa de simulación.
40
Objective test A16 A18 A19 A24 A30 A34 As preguntas abordan algúns contidos de tipo conceptual, vinculados á comprensión de terminoloxía específica 10
ICT practicals C3 Consiste na construción dun marcador social e da propia contorna de aprendizaxe. Os criterios de avaliación para o marcador son o número de recursos armacenados, o seu nivel de descrición e valoración e o sistema de categorías e subcategorías utilizadas para a súa almacenaxe. Para a contorna persoal de aprendizaxe terase en conta o número de ámbitos, recursos e ferramentas incorporados e a análise e valoración realizada polo alumnado sobre a súa contorna persoal de aprendizaxe. 10
 
Assessment comments

PARTICIPACIÓN DO ALUMNADO NA AVALIACIÓN

Unha das premisas é que  o alumnado participe no proceso de avaliación, participando na delimitación dos criterios de avaliación e cualificación  e como axente da avaliación, a través de procedementos de auto e coavaliación. Por esta razón,  os criterios de cualificación e de avaliación poden ser modificados. 


COMPETENCIA LINGÜÍSTICA EN GALEGO 
 
A competencia lingüística en galego tamén vai ser obxecto de  avaliación na presentación oral e nas actividades  escritas grupais e individuais.  O seu peso na cualificación final pode chegar até  1 punto. 

ASISTENCIA
  A asistencia ás sesións presenciais é obrigatoria. O alumnado con asistencia regular que ocasionalmente non acuda a unha sesión deberá de facer individualmente e entregar  as actividades realizadas na aula. 
   No caso de non acadar o 80% de asistencia a cualificación será  de non  presentado. 
    Para as persoas con matrícula a tempo parcial  e dispensa académica hai unha  modalidade de avaliación específica. Antes do  inicio da materia teñen que solicitar unha titoría para  establecer  e o proceso de seguimento. O exame terá  un peso do 30%,  a actividade de simulación do  60% e e as prácticas  TIC do  10%. 


REQUIRIMENTOS PARA APROBAR A MATERIA 
 A cualificación final será o resultado das puntuación obtidas nas actividades de avaliación. Para superar a materia é indispensábel obter a metade da cualificación en cada unha das actividades. Cando non se realice algunha das actividades de avaliación a cualificación será non presentado. Na avaliación da  segunda oportunidade deberán de recuperarse as actividades  non superadas.


É obrigatorio o uso dunha linguaxe inclusiva. O non cumprimento deste requisito terá consecuencias negativas na cualificación, restando un punto.

 

FALTA DE INTEGRIDADE ACADÉMICA


a) Ausencia de citación de fontes
As citas e referencias a calquer tipo de texto deben declararse ao longo do texto e no apartado  de referencias bibliográficas, utilizando as normas APA 6º edición. 
b) Plaxio
O plaxio  será motivo de suspenso, en aplicación do artigo  14.4 da normativa académica de avaliaicón da UDC, que  establece: " na realización de traballos, o plaxio e a utilización  de material non orixianl, incljido aquel obtido a través de internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permido do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade"
 
Normativa académica de avaliación, revisión e reclamación da UDC:  https://www.udc.es/export/sites/udc/normativa/_galeria_down/academica/Normas_avaliacion_revision_reclamacion_consolidado_l.pdf
http://www.educacion.udc.es/?pagina=propiedad-intelectual

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes