General description |
Dentro do perfil formativo do Grado en Educación Infantil contémplase esta asignatura (Xogos Motores) que completa a formación do futuro docente cara a un traballo no ámbito do xogo que permita dar resposta ás demandas sociais existentes.
Consideramos esta materia de gran interese dentro da formación do futuro Graduado en Educación Infantil xa que a achega principal da mesma permitiralle descubrir por unha banda que o xogo é un contido con grandes potencialidades didácticas e por outro supón un medio didáctico de gran relevancia na súa formación, que lle permitirá empregalo no seu desenvolvemento profesional.
Os coñecementos aportados por Xogos Motores pretenden estudar, explorar, descubrir e vivenciar todas aquelas manifestacións lúdicas dentro dunha formulación global, para dotar ao futuro Grado en Educación Infantil non só de vivencias senón tamén de estratexias e formas de ensinar teórico-prácticas.
Xogos Motores atópase dentro do plan de estudos de Grado en Educación Infantil no grupo de materias optativas, cunha duración de 4,5 créditos. A descrición do seu contido, reflectido no Plan de Estudos, indica os seguintes descriptores: marco conceptual do xogo motor; teorías e clasificacións dos xogos motores; o xogo e a súa evolución na etapa infantil; o xogo como recurso didáctico; deseño e desenvolvemento de actividades de aprendizaxe baseadas en principios lúdicos; os recursos para o xogo: materiais e espazos; educación rítmica a través dos xogos con cancións; propostas prácticas para a educación a través do xogo. |