Guía DocenteCurso Facultade de Ciencias da Educación |
Grao en Educación Primaria |
Asignaturas |
Literatura infantil e xuvenil e a súa didáctica |
Metodoloxías |
Datos Identificativos | 2018/19 | |||||||||||||
Asignatura | Literatura infantil e xuvenil e a súa didáctica | Código | 652G02029 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Terceiro | Optativa | 4.5 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Obradoiro | Participación activa nos distintos obradoiros programados na aula, así como as programadas fóra desta. Levarase un control de asistencia que será imprescindíbel para optar á avaliación desta parte da materia. Así mesmo, as actividades desenvolvidas nos Obradoiros poderán tamén ser avaliadas a partir de textos escritos solicitados ao alumnado sobre os contidos traballados nestes. |
Sesión maxistral | Exposición dos contidos da materia por parte do profesorado. |
Lecturas | Lectura de fragmentos ou obras seleccionadas de literatura infantil e xuvenil, así como de textos, de recoñecido prestixio científico, especializados en didáctica da literatura infantil e xuvenil, en animación á lectura e en educación literaria en termos xerais. |
Proba mixta | Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas. En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. |
Portafolios do alumno | Desenvolvemento dun traballo individual ou en grupo (en función do alumnado matriculado na materia) sobre un tema traballado nas clases interactivas. Terase en conta a capacidade para seleccionar fontes bibliográficas de calidade, así como a capacidade para elaborar un discurso sintético, claro e correcto do punto de vista expresivo. |
|