ASISTENCIA
- A
asistencia ás sesións presenciais é obrigatoria. A asistencia xustifícase
en base a que as clases son moi interactivas e se traballan aspectos
porcedimentais e actitudinais que son necesarios para aprobar a
materia. - O
alumnado con asistencia regular, que non acuda a unha clase na que se
realice algunha actividade, terá que facela individualmente e entregala no
prazo indicado na clase. - Aquelas
persoas con matrícula a tempo parcial poderán acollerse a unha modalidade
de avaliación específica. Para isto, cómpre solicitar unha titoría, antes
ou inmediatamente despois do inicio da materia, co obxecto de establecer
as actividades de avaliación e o proceso de supervisón e seguemento.
REQUIRIMENTOS
PARA APROBAR A MATERIA
- A
cualificación final será o resultado da puntuación obtida no portafolio do
alumnado, sendo indispensable obter a metade da cualificación para superar
a materia. - Se
un/ha alumno/a non acada o 80% da asistencia e/ou non presenta o
portafolio, terá unha cualificación de non presentado na oportunidade de
maio. - Na
oportunidade de xullo realizará un exame teórico sobre os contidos
tratados na aula.
PLAXIO: O plaxio en calquera das actividades realizadas durante a materia, incluído o portafolio, será motivo de suspenso. FALSIFICACIÓN DUNHA FIRMA: Asinar na folla de asistencia por un/unha compañeira ou compañeiro ausente será penalizado coa perda de avaliación continua. COPIA NOS EXAMES: O uso indebido de información durante os exames tamén será motivo de suspenso. NORMATIVA ACADÉMICA DE AVALIACIÓNS, CUALIFICACIÓNS E RECLAMACIÓNS https://www.udc.es/export/sites/udc/normativa/_galeria_down/academica/Normas_avaliacion_revision_reclamacion_consolidado_l.pdf |