Guía DocenteCurso Facultade de Ciencias da Educación |
Grao en Logopedia |
Asignaturas |
Inclusión educativa e adaptación do currículo |
Metodoloxías |
Datos Identificativos | 2018/19 | |||||||||||||
Asignatura | Inclusión educativa e adaptación do currículo | Código | 652G04011 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Segundo | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Discusión dirixida | Traballo individual e colectivo para o tratamento de distintas temáticas |
Estudo de casos | Analizaranse casos presentados en diversos formatos: video, texto, oral, etc. |
Portafolios do alumno | O porfatolios vai ser un instrumento clave para o alumnado durante toda a materia. Sobre todo preténdese que a partir da recolleita da información, reflexione e enriqueza os contidos que lle achega a materia, tratando deste xeito de irse aproximando aos seus propios intereses como futuro profesional da logopedia, sen perder a perspectiva de que o seu traballo debe formar parte do desenvolto por equipos interdisciplinares, que traballan dentro e fóra da aula. |
Investigación (Proxecto de investigación) | O alumnado en pequenos equipos terán que realizar unha entrevista a unha persoa que se lle proporcione información sobre a súa propia traxectoria persoal, facendo fincapé nos obstáculos pero tamén nas cuestións que favorecen o seu desenvolvemento individual e colectivo, tanto no ámbito educativo como social. A partir da entrevista, farase unha análise e interpretación da información, que se apoiará en bibliografía tanto proporcionada pola profesora como recollida polo propio alumnado. Finalmente farán unha proposta de intervención logopédica dende unha perspectiva inclusiva. |
Proba de resposta breve | O alumnado terá que facer unha proba sobre os contidos básicos da materia. A proba consistirá en preguntas breves, que o alumnado terá que responder tendo en conta a súa opinión fundamentada e/ou contrastada coas doutros autores e autores traballadas na materia. |
Aprendizaxe colaborativa | Un dos eixos fundamentais da materia será a aprendizaxe colaborativa tanto dentro como fóra da aula. |
Lecturas | Na aula proporcionaranse unha serie de lecturas que terán que ler todos os alumnos e alumnas. Ademais para a preparación da materia, o alumnado poderán realizar outras lecturas complementarias recollidas na bibliografía, achegadas polo profesorado ou seleccionadas polo propio alumnado. |
Presentación oral | O alumnado terá que intervir oralmente na presentación de resultados de pequenas pescudas, de postas en común, etc. Ademais haberá dúas exposicións obrigatorias: a Presentación dos resultados da entrevista e a proposta de intervención logopédica. |
Sesión maxistral | Presentarase oralmente a información máis esencial de cada bloque temático e orientarase ao alumnado sobre como ampliar os coñecementos sobre o mesmo. |
|