Calificarse como non presentado se non se realiza o exame final oficial, independentemente do número de actividades entregadas.
Na segunda oportunidade poderanse recuperar todos os instrumentos de avaliación arriba descritos coa mesma ponderación que na primeira edición de actas. Só calificarase como non presentado a quen xa tivese esta calificación na edición de actas de xaneiro/febreiro e, ademáis, non se presente ao exame oficial da segunda oportunidade.
As actividades entregaranse na plataforma Moodle. O estudante comprométese a gardar unha copia de cada traballo, en previsión de problemas na recepción.
Só se aceptarán traballos, actividades etc. que se entreguen no prazo e forma establecidos.
Os traballos, actividades e exame deben cumprir as esixencias de correción lingüística propias destes textos (ortografía, puntuación, precisión léxica, rexistro formal, discurso coherente e cohesionado etc.).
O plaxio, incluso parcial, ou calquera outra falta de honradez académica, dará lugar á descalificación automática da actividade.
Os estudiantes a tempo parcial con dispensa académica de asistencia ás clases recoñecida realizarán alternativas aos obradoiros, previo acuerdo co profesor, ademais da prueba mixta final.
Poderanse establecer as adaptacións oportunas para o estudantado con modalidades específicas de aprendizaxe.