Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Saúde
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Asistencia e Investigación Sanitaria (plan 2012)
 Asignaturas
  Investigación en Ciencias da Saúde II
   Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 A2 A3 A4 A5 B1 B2 B3 B4 B5 C1 C2 C6 Traballos onde se reflicte o dominio teórico-metodolóxico da materia 50
Aprendizaxe colaborativa B6 B7 C4 C5 C7 C8 Controis escritos, exercicios entregados, participación na aula virtual 50
 
Observacións avaliación

A asignatura estructúrase en tres bloques: Bloque A, Análise de
datos, formado polos temas 1-6, Bloque B, Revisións sistemáticas, que
consta dos temas 7.1-7.4, e o Bloque C, Meta-análisis, formado polo tema 8. A contribución de cada bloque á nota final é: Bloque A,
50%; Bloque B, 25%; e Bloque C, 25%.

Só no caso de que o alumno non teña sido evaluado en ningún dos tres bloques a
calificación final será de "NON PRESENTADO".

Non se poderá superar a
materia se nalgún dos bloques a nota foi menor que 3
(sobre 10) ou se falta a evaluación dalgún bloque. Nos demais
casos, a calificación final será o resultado da suma das notas ponderadas dos tres bloques.

Os tres bloques son independentes, de maneira que a nota de un dos bloques non afecta á nota dos outros bloques.

A evaluación de cada un dos bloques se baseará na realización e entrega de exercicios e/ou traballos, contemplándose tamén a posibilidade
de realización de exames que poderán ser presenciais. As
instruccións relativas á realización e entrega de tarefas publicaranse na plataforma moodle.udc.es con anterioridade ao inicio de
cada bloque. Na
realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non
orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación
expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu
autor/a, considerarase
causa de cualificación de suspenso (nota numérica, 0) na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento.

No caso dos alumnos repetidores, non se conservarán as calificacións dos bloques obtidas en cursos anteriores.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes