1.- Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sostible e cumprir co obxectivo estratéxico 9 do "I Plan de
Sostenibilidade Medio-ambiental Green Campus FCS", os traballos
documentais que se realicen nesta materia: a.- Na súa maioría se solicitarán en formato
virtual e soporte informático. b.- De realizarse en papel: - Non se empregarán plásticos.
- Realizaranse impresións a dobre cara.
- Empregarase papel reciclado.
- Evitarase a impresión de borradores. 2.- A docente responsable da materia resérvase a posibilidade de realizar algún
cambio na avaliación ou noutros aspectos, que serán notificados ao estudantado coa suficiente antelación. 3.- Para a correcta planificación das estancias prácticas, realizaranse (segundo o calendario oficial), varias reunións de coordinación académica: - Actividades iniciais: establecemento de grupos de prácticas e distribución de rotatorios, reunión da coordinadora da materia co alumnado matriculado para a presentación dos recursos de prácticas, as normas e consideracións básicas a ter en conta e os traballos a realizar ao longo da materia, así como para a organización dos grupos de estudantes. - Coordinación da docencia: encontro entre a coordinadora da materia e as/os docentes e titoras/es terapeutas ocupacionais dos recursos de prácticas, previo ao inicio das mesmas e de forma posterior. 4.- Normas mínimas: o alumnado deberá cumprir unhas normas xerais básicas de identificación persoal, puntualidade e respecto á poboación atendida nos recursos nos que se desenvolvan as prácticas, así como ao seu equipo profesional e ás súas instalacións. Ademais, deberanse respectar as pautas mínimas específicas que cada centro estableza para o correcto desenvolvemento das estancias prácticas. 5.- A docente responsable da materia aplicará a correspondente normativa da UDC ante a detección de calquera tentativa de plaxio motivada por un(ha) estudante no desenvolvemento dos seus traballos. |