1.- Para axudar a conseguir un
contorno inmediato sostible e cumprir co obxectivo estratéxico 9 do" I
Plan de Sostenibilidade Medio-ambiental Green Campus FCS", os traballos
documentais que se realicen nesta materia: a.- Na súa maioría se solicitarán
en formato virtual e soporte informático. b.- De realizarse en papel: - Non se empregarán plásticos. - Realizaranse impresións a dobre
cara. - Empregarase papel reciclado. - Evitarase a impresión de
borradores. 2.- A docente responsable
resérvase a posibilidade de realizar algún cambio na avaliación ou outros
aspectos que serán notificados aos estudantes coa suficiente antelación. 3.- Durante o período lectivo da
materia, e sen que supoña unha alteración na asistencia do alumnado a outras
actividades académicas, poderán programarse seminarios ou obradoiros de
carácter optativo para afondar en certos contidos e técnicas moi específicas
que complementan o desenvolvemento da materia.
4.- A
docente responsable da materia aplicará a correspondente normativa da UDC ante
a detección de calquera tentativa de plaxio motivada por un/unha estudante da
materia no desenvolvemento dos seus traballos. |