a. - Na súa maioría
solicitaranse en formato virtual e soporte informático. b.- De realizarse en
papel: - Non se empregarán
plásticos. - Realizaranse
impresións a dobre cara. - Empregarase papel
reciclado. - Evitarase a
impresión de borradores. 2.- A docente responsable resérvase a posibilidade de realizar algún cambio na
avaliación ou outros aspectos que serán notificados aos/ás estudantes coa
suficiente antelación. 3.- Durante o período da
materia no primeiro cuadrimestre, e sen que supoña unha alteración na
asistencia do alumnado a outras actividades académicas, poderán programarse
seminarios ou obradoiros de carácter optativo para afondar en certos contidos e
técnicas moi específicas que complementan o desenvolvemento da materia.
4.- A docente responsable da materia aplicará a
correspondente normativa da UDC ante a detección de calquera tentativa de
plaxio motivada por un/unha estudante da materia no desenvolvemento dos seus
traballos. |