1.- Para axudar a conseguir un contorno inmediato sostible e cumprir co obxectivo estratéxico 9 do" I Plan de Sostenibilidade Medio-ambiental Green Campus FCS", os traballos documentais que se realicen nesta materia: a.- Na súa maioría se solicitarán en formato virtual e soporte informático. b.- De realizarse en papel: - Non se empregarán plásticos. - Realizaranse impresións a dobre cara. - Empregarase papel reciclado. - Evitarase a impresión de borradores. 2.- A docente responsable resérvase a posibilidade de realizar algún cambio na avaliación ou outros aspectos que serán notificados aos estudantes coa suficiente antelación. 3.- A docente responsable da materia aplicará a correspondente normativa da UDC ante a detección de calquera tentativa de plaxio motivada por un/unha estudante da materia no desenvolvemento dos seus traballos. |