Segundo establece o Título de Grao en Enfermaría e necesario ter superadas as Estancias Clínicas I e II para poder matricularse nesta materia.
Esta materia ten en conta as recomendacións de SOSTENIBILIDADE MEDIOAMBIENTAL, IMPORTANCIA DAS PERSOAS E IGUALDADE DE XÉNERO:
- A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia, realizarase a través de Moodle ou correo electrónico, en formato dixital sen necesidade de imprimilos.
- Teranse en conta os principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais.
- Atendendo ás distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria, nesta materia terase en conta a perspectiva de xénero velando pola non utilización dunha linguaxe non sexista na aula, nos documentos desenvolvidos na materia e nas actividades clínicas realizadas co alumnado.
- Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas dentro da aula ou no contexto clínico, influíndo na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.
- Prestarase especial atención en detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.
- Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimente dificultades a un acceso idóneo, igualitario e proveitoso á vida universitaria.
- Nesta materia, o profesorado, ten contraído o compromiso de aplicación da normativa da UDC ante situacións de plaxio.
|