A avaliación é continua, e a
presencialidade (asistencia) é imprescindible, tanto para a realización das
prácticas e traballos na aula como para as clases teóricas. Unha asistencia
inferior ó 80% pode comprometer a avaliación positiva na asignatura.
Os alumnos que se presenten á
proba obxectiva e non superen a materia coas porcentaxes sinaladas, figurarán
en actas coa cualificación final obtida.
As prácticas do taller, o
portafolio do alumno e a proba obxectiva (exame) só terán validez para o curso
actual (primeira e segunda oportunidade), e deberán repetirse nos seguintes
cursos académicos. Soamente a asistencia, sempre que sexa superior ao 80% das sesións,
conservarase para os seguintes cursos.
Os alumnos que superen a materia
na primeira oportunidade e desexen subir nota, poderán presentarse a subir nota
na segunda oportunidade, previa notificación ao profesor e autorización por
parte deste antes do peche das actas da primeira oportunidade.
Se houbese un alumno que queira
presentarse á convocatoria adiantada de decembro, para superar esta materia
aplicaránselle os mesmos criterios de avaliación que para a segunda oportunidade.
Aplícanse os mesmos criterios de
avaliación na primeira e na segunda oportunidade. Estes criterios son os mesmos
para os alumnos matriculados en réxime de dedicación a tempo completo como non
caso de alumnos con recoñecemento de dedicación a tempo parcial.