Para
axudar a conseguir unha contorna inmediata sostida e cumprir co obxectivo da
acción número 5: “Docencia e investigación saudable e sustentable
ambiental e social” do "Plan de Acción Green Campus Ferrol:

A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta
materia:

• Solicitaranse en formato virtual e/ou soporte
informático.

• Realizarase a través de
Moodle, en formato dixital sen necesidade  de imprimilos.

• En caso de ser necesario
realizalos en papel:

- Non se empregarán
plásticos.

- Realizaranse impresións a
dobre cara.

- Empregarase papel
reciclado.

- Evitarase a impresión de
borradores.

• Débese de facer un uso
sustentable  dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o
medio natural.

• Traballarase para identificar e modificar prexuízos e
actitudes sexistas, e influirase  na contorna para modificalos e fomentar
valores de respecto e igualdade.

• Deberanse detectar situacións
de discriminación e propoñeranse accións e medidas para corrixilas.