Para aprobar a materia hai que obter unha puntuación mínima de 50 puntos sobre 100.
A
nota final obterase sumando as puntuacións obtidas en Prácticas a
través de TIC, Prácticas de laboratorio, Presentación Oral, Proba de
resposta múltiple e Proba obxectiva, sempre e cando se cumpran as
seguintes condicións:
- Que se realizasen as Prácticas de laboratorio cunha puntuación maior ou igual que 5.
- e polo menos unha das seguintes:
- Que no primeiro exame parcial se obtivese unha puntuación maior que 12.
- Que nun exame final se obtivese unha puntuación maior ou igual que 25.
- Que a puntuación obtida en cada un dos parciais é maior ou igual que 10 puntos.
No
caso de que non se cumpran as condicións anteriores, a nota final será
segundo o caso, a puntuación do exame final multiplicada por 0,8 ou a puntuación media dos dous parciais multiplicada por 0,8.
As notas de cada un dos apartados só serán válidas durante o curso académico no que se obteñan.
Ao alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa
académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE
REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC
(Arts. 2.3; 3.b; 4.3 e 7.5) (04/05/2017)" non
esíxeselle unha asistencia mínima ás clases e/ou actividades con excepción das Prácticas de laboratorio, sendo o
sistema de avaliación o anteriormente indicado. No caso de non participar nas actividades avaliables realizadas durante o curso, a nota final será a nota ponderada da proba
obxectiva e da proba de resposta múltiple.