Guía DocenteCurso
Escola Politécnica Superior
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Grao en Enxeñaría Naval e Oceánica
 Asignaturas
  Química
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A4 B1 B2 B3 B4 B5 B6 C4 C6 Valorarase a realización dos prelaboratorios, as capacidades e destrezas do alumno na realización do traballo experimental, a súa capacidade para interpretar os resultados obtidos e a elaboración dos informes de laboratorio. 5
Proba obxectiva A4 B1 B2 B5 B6 Aproximadamente na metade do cuadrimestre, realizarase un primeiro exame parcial (teoría e problemas) eliminatorio correspondente á materia impartida ata ese momento. Ao finalizar o cuadrimestre realizarase un segundo exame parcial (teoría e problemas) para os alumnos que superasen o primeiro parcial e un exame global da materia (teoría e problemas) para os alumnos que non se presentaron ou non aprobasen o primeiro exame parcial.
Cada exame constará de dúas partes independentes, sendo necesario obter unha nota mínima en cada unha delas para compensalas:
- teoría, puntuación máxima 4 puntos, puntuación mínima para compensar 1,5 puntos.
- problemas, puntuación máxima 3 puntos, puntuación mínima para compensar 1 puntos.
70
Solución de problemas A4 B1 B2 B3 B4 B5 B6 C4 Realizaranse periódicamente probas curtas en grupo mediano para avaliar a evolución do alumno. 15
Traballos tutelados A4 B1 B2 B3 B4 B5 B6 C1 C2 C3 C6 C7 Realización de tres actividades dirixidas.
Capacidade do alumno para resolver situacións problemáticas concretas e participar nas clases.
Interese e actitude do alumno.
10
 
Observacións avaliación
- Para poder sumar os puntos das distintas actividades á nota do exame, haberá que alcanzar neste un mínimo de 3 puntos.
- Para aprobar a asignatura @s alumn@s deberán realizar todas as prácticas de laboratorio.
- Aquel@s alumn@s que realizasen e superasen as prácticas de laboratorio da materia en cursos anteriores, poderán decidir se as fan novamente ou non. En caso de non repetilas, manteráselles a cualificación obtida no seu momento.
- A cualificación correspondente á realización de traballos tutelados mantense no exame correspondente á 2ª oportunidade.
- A cualificación correspondente á realización de traballos tutelados non se mantén dun curso a outro.
- No caso d@s alumn@s que soliciten matrícula a tempo parcial, han de saber que non se acepta dispensa nesta materia.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes