Descrición xeral |
A través do proceso de aprendizaxe, reflexión e interiorización desenvolvido ao longo da materia, o alumno e a alumna adquirirán os coñecementos, actitudes e habilidades necesarios para:
- Participar na atención da comunidade, tendo en conta a realidade da muller e da poboación infantil e adolescente nela.
- Comprender o proceso saúde–enfermidade da muller e do neno e a nena desde o seu nacemento ata a adolescencia, así como os condicionantes físicos, psíquicos, antropolóxicos e da contorna sociofamiliar que o potencian ou dificultan.
- Identificar as necesidades de saúde propias da muller, especialmente durante a súa etapa reprodutiva e durante o seu proceso de maternidade.
- Prestar coidados de enfermería á muller, que contemplen desde a promoción, o mantemento, a recuperación e a rehabilitación da saúde ligada ao sexo, á reprodución humana, e ao coidado de forma integral da nai.
- Analizar críticamente os recursos e dispositivos sociosanitarios que prestan atención á muller.
- Realizar as accións encamiñadas á vixilancia e seguimento do neno e a nena sans, así como a detección precoz dos nenos e as nenas de alto risco.
- Identificar as necesidades de saúde do neno e nena san ou enfermo, desde o nacemento á adolescencia nos diferentes contextos en que se atopa (familia, comunidade, medio hospitalario)
- Valorar e detectalos problemas relacionados coas necesidades básicas alteradas do neno ou nena e do adolescente ou da adolescente.
- Establecer unha correcta comunicación co neno, nena, a familia e equipo de saúde.
|