Para
axudar a conseguir unha contorna inmediata sostida e cumprir co
obxectivo da acción número 5: “Docencia e investigación saudable e
sustentable ambiental e social” do "Plan de Acción Green Campus Ferrol",
realízanse as seguintes recomendacións:
-Facer un uso sustentable dos recursos e a prevención de impactos
negativos sobre o medio natural
-A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:
• Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen
necesidade de imprimilos • En caso de ser necesario realizalos en papel:
-Non se empregarán plásticos
-Realizaranse impresións a dobre cara.
-Empregarase papel reciclado.
-Evitarase a impresión de borradores
En xeral, farase un uso sostible dos recursos e evitaranse na medida do
posible impactos negativos sobre o medio natural. Ademais, terase en
conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores de
sostibilidade nos comportamentos persoais e profesiona.
|