Traballos tutelados |
Co fin de preparar aos alumnos nunha aprendizaxe autónoma, proponse a realización de traballos, guiados sempre polo profesor.
Os obxectivos perseguidos son, entre outros, que o alumno:
Xestione, seleccione e sexa capaz de sintetizar a información que necesite.
Coñeza a normativa vixente que haberá de ter en conta no traballo profesional de enxeñaría.
Aplique os seus coñecementos teóricos á representación de pezas ou instalacións industriais
Desenvolver e potenciar nos estudantes habilidades de comunicación, procura de información, resolución de problemas. |
Presentación oral |
A materia impartirase en módulos teórico-prácticos de 1.5 horas.
Con anterioridade ao día en que se imparta a materia, indicaranse a relación dos coñecementos previos necesarios e o resumo dos conceptos sobre os que se traballará, proporcionando a información bibliográfica correspondente.
Cada Tema iniciarase coa exposición do profesor, que axudará ao estudante a extraer os conceptos máis relevantes, marcando os obxectivos perseguidos.
Introduciranse os aspectos teóricos imprescindibles para fundamentar os contidos prácticos, que prevalecerán. |
Prácticas de laboratorio |
O alumno traballará con programas de CAD desde o primeiro día, co obxectivo de afianzar a súa habilidade no debuxo mediante programas de debuxo asistido por computador en 2D, familiarizarse co traballo en 3D, así como na elaboración e interpretación de planos. |