REQUISITOS PREVIOS Esta materia é a continuación das materias de Estatística anteriormente cursadas. Para a primeira parte é moi recomendable que os alumnos estean familiarizados cos contidos que alí se impartiron. Para cursar a Introdución á Econometría requírense coñecementos previos de teoría económica en xeral, Estatística e Matemáticas. Ademais, dado que as aplicacións econométricas requiren a utilización de datos, é importante coñecer a estrutura e o contido das principais fontes de información estatística. MATERIAL DIDÁCTICO O material didáctico principal figurará na plataforma virtual da materia (Moodle), ou poderá accederse a partir dela. Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.
|