A) Oportunidades de Xuño e de Xullo.
Para superar a materia será necesario obter polo menos 5 puntos na suma das cualificaciones correspondentes as probas de avaliación continua e ao examen final.
O sistema de avaliación será aplicado, tal e como se describe no apartado anterior, en ambas oportunidades a todos os alumnos, con independencia da sua situación académica.
Os alumnos con recoñecemento de dedicación a tempo
parcial están exentos de asistencia excepto nas datas de realización das
probas de avaliación.
A cualificación de non presentado
corresponde unicamente ao alumnado que participe en actividades de
avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20 por cento da
cualificación total.
B) Oportunidade adiantada.
A
avaliación correspondente á oportunidade adiantada desenvolverase a
través dunha única proba que se valorará cun máximo de 10 puntos, e que
terá como base o temario completo que se describe no apartado "Contidos"
da guía do curso académico vixente. Para aprobar a materia será
necesario obter un mínimo de 5 puntos nesta proba. Estas condicións de
avaliación son específicas para a oportunidade adiantada e só
aplicaranse neste suposto.
C) Oportunidades de Xuño, de Xullo e adiantada.
Como é preceptivo, as probas de avaliación rexeranse pola normativa de avaliación, revisión e reclamación das cualificaciones dos estudios de grao e mestrado universitario da UDC (www.udc.es/export/sites/udc/normativa/_galeria_down/academica/Normas_avaliación_revision_reclamación_consolidado_. polas "Normas de
avaliación, revisión e reclamación das .pdf).
Recoméndase prestar especial atención aos artigos 10 (Identificación dos
estudantes) e 14 (Comisión de fraude e responsabilidades disciplinarias).