Mestrado Universitario en Dereito: Estudos da Unión Europea (Plan 2017)
Descriptores
Ciclo
Período
Curso
Tipo
Créditos
Mestrado Oficial
2º cuadrimestre
Primeiro
Optativa
6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente
Presencial
Prerrequisitos
Departamento
Dereito Privado Dereito Público
Coordinación
Correo electrónico
Profesorado
Correo electrónico
Web
Descrición xeral
A docencia que se imparte nesta materia persigue principalmente a adquisición polo estudante dun grao axeitado de coñecementos sobre a materia do Espazo de liberdade, seguridade e xustiza, que integra:
A) Dereito Procesual Penal e Civil: Adquirir os coñecementos básicos sobre a cooperación xudicial en materia civil e penal no marco da Unión Europea.
B) Dereito Penal: Adquirir os coñecementos básicos sobre os procedementos e mecanismos mediante os cales está a xurdir un emerxente sistema penal da Unión Europea, así como os primeiros resultados normativos deste novedoso ius puniendi da Unión.
C) Dereito Internacional Privado: Adquirir os coñecementos básicos sobre multiculturalidade, uniformidade e orden público no espazo de xustiza e seguridade.
Asemade, coas aulas prácticas desta materia preténdese que os coñecementos teóricos podan ser aplicados polos estudantes para a resolución de casos prácticos, o que lles servirá non só como exercicio para o afianzamento dos coñecementos adquiridos, senón tamén para acadar unha serie de destrezas que poderán aplicar no exercicio profesional.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías