Guía DocenteCurso Facultade de Socioloxía |
|
|
Datos Identificativos | 2019/20 | |||||||||||||
Asignatura | Planificación e xestión de plans de turismo. O papel das organizacións públicas e privadas | Código | 615524006 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Actividades iniciais | Ao comezo de cada tema tanto na vía presencial como na via online, identificaranse os principais obxectivos a alcanzar, a secuencia lóxica que se seguirá na presentación de contidos, os coñecementos previos recomendados para facilitar o proceso de aprendizaxe e a bibliografía específica. |
Sesión maxistral | No caso dos alumnos presenciais explicaranse os coñecementos básicos da materia, empregando tanto fontes audiovisuais como documentais como soporte. Nestas sesións será necesaria a participación activa dos alumnos para facilitar o proceso de ensino-aprendizaxe. No caso dos alumnos online disporan tanto das presentacións como dos arquivos de video e audio para o seguimento das clases. Neste caso a interacción será tanto por vía mail, telefónica e periódicamente mediante skype |
Análise de fontes documentais | A partir do programa da materia proporcionarase material audiovisual ou bibliográfico que sirva de referencia para desenvolver algunhas cuestións básicas que o alumno debe resolver para entregar ao profesor |
Estudo de casos | Un dos obxectivos da materia é a elaboración dunha análise crítica dunha proposta de política económica, concretamente dos plans a longo prazo propostos para España (2020), empregando a metodoloxía e os conceptos explicados na materia. No que respecta ao estudo de cuestións xurídicas, irá acompañado da análise de casos prácticos relacionados coa interpretación de normas que nalgúns casos terán que ser a través de comentarios sobre xurisprudencia así como a redacción de documentos relacionados co procedemento administrativo aplicado ao ámbito turístico. Todas estas actividades terán un seguimento directo presencial o por contacto polas diversas vías sinaladas con alumnos da opción online |
Obradoiro | Nas clases prácticas, baixo a supervisión do profesor e empregando as metodoloxías antes mencionadas (lecturas, análises de fontes documentais, discusións ...) o alumno deberá realizar unha serie de exercicios prácticos. Todas estas actividades terán un seguemento directo en tutoriazación presencial e no caso dos alumnos online mediante o seguemento nos contactos telefónicos, por mail e periódicamente por skype. |
|