Guía DocenteCurso Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos |
Grao en Enxeñaría de Obras Públicas |
Asignaturas |
Hidráulica e hidroloxía |
Metodoloxías |
Datos Identificativos | 2019/20 | |||||||||||||
Asignatura | Hidráulica e hidroloxía | Código | 632G01016 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | Anual |
Segundo | Obrigatoria | 9 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Actividades iniciais | Presentación das normas, os obxetivos, o programa e a metodoloxía didáctica da materia. Explicarase aos alumnos o que deben facer para aprobar a materia. Ademais, presentarase o tema 0, o estudo deste tema será traballo autónomo do alumno e sobre o mesmo realizarase o primeiro test da materia. |
Sesión maxistral | O temario principal impartirase mediante clases expositivas presenciais nas que buscará a participación do alumnado. Os coñecementos teóricos serán transmitidos en sesións comúns con todos os alumnos, traballando na asimilación dos conceptos e ecuacións fundamentais. Nas sesións de teoría o profesor explicará a materia e preguntará sobre a asimilación de contidos por parte dos alumnos. |
Discusión dirixida | Para o desenvolvemento dos aspectos prácticos da materia proporanse exercicios prácticos. Algúns serán resoltos en clase co apoio dos alumnos. Nas clases prácticas, unha vez foron discutidas (discusión dirixida) as alternativas de solución de problemas, aplicaranse as ferramentas apropiadas para a obtención da solución. |
Solución de problemas | Resolveranse problemas vinculados coa materia do temario tanto na aula como a nivel individual. Ademais, entregaranse periodicamente boletíns de problemas resoltos a man. |
Prácticas de laboratorio | Realizaranse 3 sesións prácticas no laboratorio de Hidráulica. O profesor entregará a documentación necesaria previamente á asistencia e deberase resolver un boletín como memoria xustificativa das prácticas. |
Prácticas a través de TIC | Realizaranse traballos de modelización hidráulica cos programas EPANET e HEC-RAS. Os traballos de ordenador serán realizados por grupos de 2-3 alumnos. Deixaranse en reprografía un resumo das características de cada traballo, cuxa evolución será seguida e guiada polo profesor. |
Proba de resposta múltiple | Realizaranse tests de seguimento sobre o contido da materia para analizar a asimilación de coñecementos do alumnado e favorecer o seguimento habitual dos contidos impartidos na materia. Ademais, o alumno realizará o estudo individualizado dos temas non troncais, dos cales non recibirá docencia directa por parte do profesor. O profesor recomendará bibliografía especificamente para estos temas. |
Proba obxectiva | Nas datas oficiais e/ou as marcadas polo profesor realizaranse 3 exames sobre os contidos troncais, teóricos e prácticos, da materia. |
|