Guía DocenteCurso Facultade de Ciencias da Educación |
Grao en Educación Infantil |
Asignaturas |
Orientación e titoría |
Metodoloxías |
|
|
Datos Identificativos | 2019/20 | |||||||||||||
Asignatura | Orientación e titoría | Código | 652G01016 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Segundo | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Actividades iniciais | Coas actividades iniciais identificaranse os coñecementos previos que os estudantes posúen da materia e presentarase a mesma. |
Sesión maxistral | A través das sesións expositivas, a profesora explicará os diferentes temas e conceptos incluídos neles para a súa mellor comprensión. |
Eventos científicos e/ou divulgativos | Tentarase que os estudantes asistan e participen en xornadas ou seminarios que aborden algunha temática tratada na materia. Pediráselles un informe do que aprendesen. |
Lecturas | Os estudantes realizarán unha serie de lecturas sobre diferentes temáticas para profundar sobre determinados aspectos. |
Simulación | Os alumnos deberán actuar como titores ante diversas situacións nas que se traballarán as relacións interpersoais, o comprotamiento, as actitudes e os valores. |
Proba de ensaio | Realizarase unha proba que permitirá demostrar as aprendizaxes adquiridas. |
Presentación oral | Os estudantes deberán facer unha presentación oral dalgunha temática traballada. |
Aprendizaxe colaborativa | Organizaranse, en clase, pequenos grupos de estudantes nos que se traballará conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e o dos outros membros do grupo. |
|