Guía DocenteCurso Facultade de Ciencias da Educación |
Grao en Educación Social |
Asignaturas |
Desenvolvemento e prevención de condutas aditivas |
Avaliación |
|
|
Datos Identificativos | 2019/20 | |||||||||||||
Asignatura | Desenvolvemento e prevención de condutas aditivas | Código | 652G03035 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Cuarto | Optativa | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Portafolios do alumno | A5 A7 A8 A14 A17 A21 B1 B3 B5 C4 C8 | En relación co portafolio valorarase: - A adecuación metodolóxica das propostas de traballo. - A profundidade do contido. - O dominio das aplicacións empregadas na elaboración das propostas educativas. - A utilización de fontes documentais complementarias e actuais. - A presentación e a claridade na exposición. |
50 |
Proba mixta | A1 A5 A8 A14 A21 B1 B5 C4 | - Nas preguntas tipo test, definiranse diversas alternativas de resposta onde só unha será a correcta. Penalizaranse os erros nas respostas. - Nas preguntas de resposta aberta, valorarase a precisión e claridade nas respostas, de tal xeito que o estudante amose un axeitado dominio e comprensión dos contidos avaliados. |
50 |
Observacións avaliación | |||
OPCIÓN A Alumnado con dedicación completa: asistencia/participación nas actividades de clase igual ou superior ao 85%: a) Elaboración e presentación do portafolio (50%). b) Exame escrito (tipo proba mixta) sobre os contidos da materia (50%). OPCIÓN B Alumnado cunha asistencia/participación nas actividades de clase inferior ao 85% e alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo e a permanencia e a progresión dos estudantes de grao e mestrado universitario na Universidade daCoruña" (aprobada en Consello de Goberno de 28 de xuño de 2016): Exame escrito sobre os contidos teórico-prácticos da materia (100%). OBSERVACIÓNS ADICIONAIS: Para o alumnado asistente (opción A): 1. Para superar a materia é necesario obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación (dossier e proba mixta). 2. O dossier presentarase antes da data do exame oficial (para presentarse ao exame é condición indispensable ter presentado o dossier). Para todo o alumnado (opcións A e B): 1. A convocatoria de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a convocatoria de xaneiro. 2. Segundo establecen as "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario (aprobada o 19/12/2013 e modificada o 30/04/2014) no Art. 21.2: Considerarase como “Non presentado” (NP) a aquel estudante que, estando matriculado na materia, non concorra ás distintas actividades de avaliación que se establecen para o curso académico. Así, será cualificado como “Non presentado” cando: a) Non complete o proceso de avaliación continua, nas condicións que figure na guía docentes, ou b) Non se presente á proba do período oficial de avaliación. |
|