Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Enfermaría (C)
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enfermaría
 Asignaturas
  Estancias Clínicas VI
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Prácticas clínicas Proceso instruccional que ten lugar en institucións sanitarias nas que os estudantes observan e participan nas actividades clínicas, co fin de proporcionarlles as oportunidades que supoñan a aplicación de feitos, teorías e principios relacionados coa práctica enfermeira. O proceso de aprendizaxe nesta materia baséase na realización dun rotatorio de prácticas nunha unidade de atención a muller (ou diada nai fillo/a) no proceso de xestación, parto e posparto.

Desenvólvense no 1º cuadrimestre do cuarto curso e teñen como finalidade capacitar aos estudantes para identificar os problemas de saúde das mulleres (díada nai-fillo/a) e colaborar na planificación, execución e avaliación dos coidados aplicados a ditas persoas e as súas familias.
Os rotatorios clínicos realizaranse no Complexo Hospital Universitario da Coruña-Teresa Herrera ou centro de saúde.
As prácticas realizaranse en quendas rotatorias de maña e tarde.
Solución de problemas Actividade encamiñada a promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes na que éstes seleccionan unha situación clínica concreta co fin de valorar, identificar e planificar os problemas de saúde que será exposta verbalmente, aos outros estudantes e ó profesor.
Presentación oral Actividade na que o estudante expón verbalmente, ós outros estudantes e ó profesor, a resolución da situación clínica seleccionada.
Actividades iniciais Actividades que se leva a cabo antes do inicio das prácticas clínicas no entorno hospitalario. Realizarase unha sesión na aula na que se especificarán tódolos aspectos necesarios para o correcto desenvolvemento da materia.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes