Seminario |
Durante estes, o/as alumno/as presentarán os traballos elaborados por ele/as baixo a supervisión do profesor. Para a súa preparación utilizaranse revisións científicas recentes e outros recursos bibliográficos. |
Debate virtual |
Dedicarase unha sesión á discusión dun tema específico (artigo científico) por parte do alumnado, intervindo o profesor como moderador. |
Actividades iniciais |
Dedicarase unha primeira sesión á presentación da materia onde se exporán os distintos apartados contidos na guía docente (estruturación, competencias, programa-contidos, planificación, metodoloxía, avaliación, recursos bibliográficos, etc.) e onde o/a alumno/a poderá expor calquera dúbida ou cuestión relativa aos mesmos. Tanto a guía docente como un cronograma coas actividades a desenvolver durante o cuadrimestre estarán a disposición do alumnado na plataforma Moodle. |
Proba mixta |
Realización dunha proba escrita (baseada en preguntas de resposta curta e/ou tipo test) e/ou oral que representará o 50% da cualificación final. |