Guía DocenteCurso Facultade de Ciencias |
Grao en Química |
Asignaturas |
Química Inorgánica Avanzada |
Avaliación |
|
|
|
Datos Identificativos | 2019/20 | |||||||||||||
Asignatura | Química Inorgánica Avanzada | Código | 610G01025 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Cuarto | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Sesión maxistral | A14 B3 C1 C2 | Avaliarase a participación activa do alumno nas clases, a súa capacidade de razoamento e de argumentación fronte aos distintos aspectos tratados. Déixase aberta a posibilidade de realizar algunha proba curta que constará principalmente de cuestións moi breves e/ou preguntas de elección múltiple sobre aspectos puntuais, ou de expor a resolución de casos prácticos a través da plataforma Moodle. Os resultados constituirán unha fonte máis de avaliación. Este apartado evalúase en conxunto co de "Solución de Problemas". |
0 |
Solución de problemas | A1 A4 A6 A9 A10 A14 A16 B1 B2 B3 C1 C2 | Avaliarase a participación activa do alumno nas clases, a súa capacidade de razoamento e de argumentación fronte aos distintos aspectos tratados. Déixase aberta a posibilidade de realizar algunha proba curta que constará principalmente de cuestións moi breves e/ou preguntas de elección múltiple sobre aspectos puntuais, ou de expor a resolución de casos prácticos a través da plataforma Moodle. Os resultados constituirán unha fonte máis de avaliación. Este apartado evalúase en conxunto co de "Sesión maxistral". |
20 |
Prácticas de laboratorio | A1 A4 A6 A9 A16 A17 A18 A20 A22 A23 A26 B1 B4 | Avalíase, mediante unha entrevista persoal, a capacidade e rigorosidade de preparación dos aspectos máis importantes de cada práctica, tanto concernentes á parte sintética como á parte de caracterización. Avalíase tamén o traballo no laboratorio desde os puntos de vista de organización e seguridade, coñecemento do material e instrumentación e técnica do seu emprego, habilidade manual e, especialmente, a capacidade para comprender os procesos levados a cabo á luz da preparación previa. Tamén se avalía a elaboración do Caderno de Laboratorio, que constará de tres partes: resumo dos antecedentes, extraídos da preparación teórica previa, descrición detallada da execución e desenvolvemento do experimento (diario de laboratorio), e caracterización dos produtos; así como a elaboración dun informe final sobre os resultados obtidos e as conclusións que se poden extraer deles. | 20 |
Proba mixta | A1 A4 A6 A9 A10 A14 B2 B3 C1 C2 | A proba escrita levará a cabo no horario aprobado en Xunta de Facultade. Constará dunha serie de cuestións e problemas relacionados co programa da materia. | 60 |
Observacións avaliación | |||
Para superar a materia o alumno terá que asistir á totalidade das clases de laboratorio e polo menos a un 80% do resto de actividades (poderase, ocasionalmente, esixir a presencialidad do alumno nalgunha actividade). Os alumnos serán avaliados mediante o seguinte sistema de avaliación: O alumno aprobará a materia se consegue un mínimo de 5 puntos na suma do tres primeiras cualificacións (C1, C2 e C3), debéndose cumprir ao mesmo tempo a condición de que superase o 45% da nota nos dous primeiros apartados (C1 e C2). Caso de que a suma (C1, C2 e C3) sexa maior de 5 puntos per no acade 45% da nota nos dous primeiros apartados (C1 e C2) a nota que figurará na acta será de 4.5 (suspenso). A cualificación da evolución global da progresión do alumno (C4) levará a cabo unha vez efectuadas as restantes cualificacións (C1, C2 e C3), e soamente para aqueles alumnos que aprobasen a materia. No caso de que algún alumno supere, na suma total de todas as cualificacións, os dez puntos, asignaráselle a nota de 10,0 puntos. O alumno, para obter a cualificación de "Non Presentado", non poderá participar en actividades que sumen mais dun 20% da cualificacion final. No caso de non aprobar na "primeira oportunidade", o alumno terá dereito á realización dunha proba mixta na "segunda oportunidade" (convocatoria de xullo), que contará cun máximo de 6,0 puntos na nota total. Á devandita nota sumaráselle a cualificación obtida nas prácticas de laboratorio, as sesións presenciais, as clases de solución de problemas e probas curtas realizadas durante o curso, e aplicarase o baremo descrito anteriormente. Se o alumno non acadase o 45% da nota máxima no apartado de prácticas de laboratorio na primeira oportunidade, non poderá superar a materia na segunda oportunidade. Aqueles alumnos que se acollan ao “recoñecemento de dedicación a tempo parcial e Os alumnos que sexan avaliados na "segunda oportunidade" só poderán optar a matrícula de honra se o número máximo destas para o curso, de acordo coa normativa académica, non se cubriu na súa totalidade na "primera oportunidade". Todo o proceso de ensino-aprendizaxe descrita na presente guía, incluída a avaliación, refírese única e exclusivamente ao presente curso académico. |
|