A avaliación da materia terá en conta o coñecemento do programa
teórico, as actividades prácticas de laboratorio e os debates desenvoltos nas
sesións de seminario. Valoraranse os coñecementos adquiridos, a comprensión e
capacidade de síntese, a claridade expositiva e as habilidades adquiridas.
-Na primeira oportunidade de
avaliación terán carácter de NON PRESENTADO aqueles alumnos que non
concorran á proba obxectiva, tendo ou non realizado previamente as prácticas de laboratorio, e/ou participaran ou non nos debates desenvoltos
nos seminarios.
-Terán carácter de SUSPENSO
aqueles alumnos que téndose presentado á proba obxectiva, non
acadaran na mesma a cualificación mínima mencionada no apartado Avaliación,
tendo ou non realizado previamente as prácticas de laboratorio, e/ou participaran
ou non nos debates desenvoltos nos seminarios.
-Os alumnos que concorrendo a
unha segunda oportunidade de avaliación non tiveran realizado as prácticas de laboratorio, terán que facer fronte a un exame
complementarios con preguntas relativas ás mesmas como parte da proba
obxectiva, debendo obter nestas preguntas unha cualificación mínima de
5.0
Terán carácter de NON PRESENTADO
aqueles alumnos que non concorran á proba obxectiva, tendo ou non
realizado previamente as prácticas de laboratorio e participaran ou non nos
debates desenvoltos nos seminarios.
Serán cualificados con SUSPENSO aquelas alumnos que téndose presentado á proba obxectiva, non acadaran na mesma a cualificación mínima mencionada no apartado Avaliación (4,5 sobre 10).
Os alumnos que non acaden a cualificación mínima sinalada na proba obxectiva, figurarán na acta cunha nota máxima de 4,5.