Objective test |
B4 B5 |
Exame teórico sobre os contidos do programa, que se celebrará nas datas oficiais.
|
50 |
Todas as actividades, tarefas e traballos a realizar ao longo do cuadrimestre van contabilizarse para a nota final. O conxunto de prácticas, tarefas grupales, asistencia e participación suporán o 30% da cualificación, a realización do traballo en grupo o 20% e o exame final o 50%.
Desta forma valórase e compénsase todo o traballo realizado. As prácticas que se realizarán ao longo do cuadrimestre terán un contido variado. O exame final terá lugar nas datas oficiais marcadas pola UDC.
Para aprobar a materia é necesario aprobar tanto a parte práctica (traballos e prácticas) como o exame.
Aqueles alumnos que se acollan ao recoñecemento de dedicación a tempo parcial (os que non se acollan á avaliación continua presencial), deberán porse en contacto coa profesora ao comenzo do curso. A súa avaliación basearase nun traballo teórico (25% da nota), un traballo empírico relacionado coa socioloxía económica (25% da nota) e o exame presencial realizado na data oficial estipulada pola UDC (50% da nota).
Para aprobar a materia é necesario aprobar tanto os traballos tutelados como o exame.
Gardaranse as notas dos traballos e das prácticas para a segunda oportunidade.
Os/as alumnos/as que se vaian a presentar á "Convocatoria adiantada", deberán contactar coa profesora ao comezo de curso para que lles indique o sistema de avaliación.
|