Proba obxectiva |
B2 B1 B3 |
Exame final da materia que se realizará nas datas aprobadas oficialmente polo centro |
60 |
A calificación de non presentado corresponde ao alumno cando só participe de actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20 % na calificación final, con independencia da cualificación alcanzada.
Calificación final: Será necesario realizar cando menos o 20% das probas de avaliación continua (obradoiro) para aprobar a materia.
A avaliación na convocatoria de xullo realizaráse cos mesmos criterios que a avaliación da primeira oportunidade.
Aqueles alumnos que optaran á avaliación da oportunidade adiantada de decembro rexeránse polos mesmos criterios que se manteñen na convocatoria de xullo, é dicir, 60% exame final e 40% en avaliación continua.
Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: Agás para as datas aprobadas na Xunta de Facultade para a proba obxectiva, para as restantes probas acordarase ao inicio do curso un calendario específico de datas compatible coa súa dedicación.
Condicións de realización do exame final e das probas de avaliación: Os profesores encargados de cada grupo comunicarán ó alumnado o material necesario para a realización das distintas probas de avaliación continua e do exame final.
|