Presentación oral |
A7 A8 A9 A10 A13 B2 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 |
Valorarase a participación. |
5 |
sistema está pensado para unha aprendizaxe continua, e esixe do estudante unha
implicación ao longo do curso, tanto na asistencia e participación na aula,
como fora dela. Algunhas aclaracións sobre este tipo de avaliación:
- A evaluación continua terá unha
avaliación única para cada estudante que a realice. O conxunto deste tipo
de actividades pondera o 30% na cualificación final. - Para obter a cualificación de
"Non presentado", os estudantes non poderán realizar actividades
que ponderen o 20% ou máis na avaliación do curso, independentemente da
cualificación obtida nelas.
Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e
exención de asistencia: deberán comunicarse co profesor nas dúas primeiras
semanas de curso e poderán elixir entre: a) o sistema de avaliación do
resto de estudantes adaptado ás súas circunstancias (por exemplo, realizando os
obradoiros fóra de horario de clase e enviándoos por correo electrónico) ou b)
unha avaliación só con proba mixta que represente o 100% da cualificación;
sería aplicable o descrito para esta proba para o resto de estudantes, salvo
que, neste caso, habería que ter 5 ou máis sobre 10 para superar a materia.
Esta elección manteríase para todas as súas oportunidades de avaliación.
Condicións de realización da avaliación final. Está prohibido
acceder á aula de exame con calquera dispositivo que permita a comunicación co
exterior e/ou o almacenamento de información.
En calqueira caso, a materia
está suxeita e supeditada ás normas e directrices emitidas pola Xunta de
Centro, pola Reitoría e outras de nivel superior.
|
|