A) Oportunidades de xuño e de xullo:
1. Para superar a materia obteranse polo menos 5 puntos.
2. O sistema de avaliación será aplicado, tal e como se describe no apartado anterior, en ambas as duas oportunidades e a todos os alumnos, con independencia da súa situación académica.
3. Os alumnos con recoñecemento de dedicación a tempo parcial están exentos de asistencia excepto nas datas de realización das probas de avaliación.
4. A cualificación de non presentado corresponde unicamente ao alumnado que participe en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20 por cento da cualificación total.
B) Oportunidade adiantada:
A avaliación correspondente á oportunidade adiantada desenvolverase a través dunha única proba que se valorará cun máximo de 10 puntos, e que terá como base o temario completo que se describe no apartado "Contidos" da guía do curso académico vixente. Para aprobar a materia será necesario obter un mínimo de 5 puntos nesta proba. Estas condicións de avaliación son específicas para a oportunidade adiantada e só aplicaranse neste suposto.
C) Oportunidades de xuño, de xullo e adiantada:
Como é preceptivo, as probas de avaliación rexeranse polas "Normas de
avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e
mestrado universitario" da UDC.
Recoméndase prestar especial atención aos artigos 10 (Identificación dos
estudantes) e 14 (Comisión de fraude e responsabilidades disciplinarias).