Prácticas a través de TIC |
A1 A2 A3 A4 A5 A6 A8 A9 A10 A11 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 C1 C5 C6 C7 |
As TIC teñen nesta materia un papel instrumental. En consecuencia, aínda que non se valorará directamente a seu dominio, nalgúns casos prácticos avaliados poderían utilizarse ferramentas informáticas. |
0 |
Os criterios de avaliación son aplicables con total uniformidade nas oportunidades de Xuño e Xullo, e tamén aos estudantes a tempo parcial. A avaliación continua está integrada no proceso
de aprendizaxe, e consistirá en catro exercicios prácticos que se realizarán,
resolverán e discutirán en calquera
momento durante as aulas, polo que só poderán ser avaliadas cando se leven a cabo no horario
ey grupo correspondente. Porén, o resultado obtido na
proba de avaliación continua con peor cualificación (ou non realizada) poderá
substituírse pola cualificación das actividades complementarias que se
programen (conferencias, exercicios adicionais…). De acordo coa normativa aplicable, os exámes deberán realizarse nas datas oficias establecidas, agás nos casos excepcionais expresamente previstos na normativa académica. A cualificación de "non presentado" outorgarase só cando se participe en actividades que teñan un peso na avaliación inferior ao 20% (independentemente da cualificación acadada). Na convocatoria adiantada a avaliación realizarase mediante unha proba específica comprensiva da totalidade dos contidos e competencias da materia, na que se valorará a capacidade de formular e resolver modelos de avaliación de proxectos de investimento.
|