Teaching GuideTerm Faculty of Law |
Grao en Dereito |
Subjects |
Jurisprudence |
Contents |
|
|
Identifying Data | 2019/20 | |||||||||||||
Subject | Jurisprudence | Code | 612G01006 | |||||||||||
Study programme |
|
|||||||||||||
Descriptors | Cycle | Period | Year | Type | Credits | |||||||||
Graduate | 2nd four-month period |
First | Basic training | 6 | ||||||||||
|
Topic | Sub-topic |
Primeira parte. Elementos de análise xurídica: nocións básicas e dinámica da orde xurídica |
__________________________________________________ |
Tema 1. Aproximación fenomenolóxica ao mundo do Dereito. |
1. Un mundo de normas. 2. Un mundo de normas que gardan entre si unha certa orde. 3. Un mundo de suxeitos en relación: seres humanos, e outros. 4. Un mundo de cousas. 5. Un mundo de feitos. 6. Un mundo de accións e controversias. |
Tema 2. Que son as normas xurídicas? Nocións básicas de teoría das normas |
1. A natureza da norma xurídica. 2.1. Unha cuestión preliminar: norma, pensamento e linguaxe. Usos e funcións da linguaxe e das normas. 2.2. A norma como enunciado lingüístico prescriptivo. 2.3. A teoría imperativista clásica e os seus defectos. 2.4. Algunhas alternativas ao imperativismo. 2.4.1. A teoría das normas de von Wright. 2.4.2. A teoría das normas de Hart e a "escola" anglo-norteamericana: a) as normas como razóns para a acción; b) normas primarias e normas secundarias: a teoría da norma conduce á teoría do sistema xurídico; c) algúns problemas. 2.5. Conclusións sobre a natureza da norma xurídica. 3. A estrutura lóxica da norma xurídica. 3.1. A solución tradicional: suposto de feito e consecuencia xurídica. 3.2. Algúns corolarios. 3.2.1. A necesidade de distinguir entre normas completas e incompletas. 3.2.2. Os tipos de normas xurídicas incompletas. 3.3. As críticas ao modelo tradicional. 3.3.1. A excesiva simplicidad. A análise de von Wright. 3.2.2. O problema da estrutura dos principios. 4. Fenomenoloxía das normas xurídicas: normas xurídicas, disposicións normativas e corpos normativos. 5. A validez ou existencia das normas xurídicas: a fronteira entre a teoría da norma e a teoría da orde ou do sistema xurídico. |
Tema 3. A orde das normas. Nocións de teoría dos sistemas xurídicos | 1. As normas forman, nalgún sentido, un sistema. 2. Que é un sistema xurídico. 3. Sistema xurídico e ordenamiento xurídico. 4. O sistema xurídico como sistema dinámico. 5. O desenvolvemento dos sistemas xurídicos no tempo: sistema xurídico momentáneo e orde xurídica. 6. Os cambios de orde xurídica. 7. A unidade do sistema xurídico. 8. A pretendida plenitude do sistema xurídico. 9. A coherencia do sistema xurídico. 10. A independencia dos sistemas xurídicos. |
Tema 4. Como afrontar problemas e controversias desde as normas xurídicas. Nocións de teoría das fontes do Dereito e introdución ao sistema español de fontes do Dereito. | 1. Significados da expresión "fontes do Dereito". 2. Concepto de fontes do Dereito. 3. Clasificación das fontes do Dereito. 4. A dimensión política das fontes do Dereito. 5. A estrutura do sistema de fontes. 6. O sistema de fontes do Dereito no Dereito español. 6.1. As "fontes das fontes": o título preliminar do Código civil e a Constitución de 1978. 6.2. A Constitución como fonte do Dereito. As sentenzas do Tribunal Constitucional. 6. 3. A lei. "Normas" con rango de lei. 6.4. Os tratados internacionais. 6.5. As normas reglamentarias. 6.6. O costume. 6.7. Os principios xerais do Dereito. 6.8. A xurisprudencia. 6.9. Outras fontes do Dereito: en particular, os instrumentos nos que se plasman os actos da autonomía da vontade. |
Tema 5. O suxeito de Dereito | 1. A orde xurídica, orde humana: a persoa. 2. O concepto xurídico de persoa e a súa evolución. 3. Elementos para unha crítica do concepto xurídico de persoa. 4. A extensión da personalidade xurídica: capacidade xurídica e capacidade de obrar. 5. Outros suxeitos de dereito: a persoa xurídica. |
Tema 6. A relación xurídica | 1. Concepto. 2. Presupostos. Alteridade. Igualdade. 3. Elementos: suxeitos, obxecto, vínculo, fundamento. 4. Relación xurídica e situación xurídica. 5. Situacións xurídicas activas e pasivas. |
Tema 7. O deber xurídico | 1. Aproximación a partir do uso lingüístico. "Ter o deber de" e "verse obrigado a". 2. Deber xurídico e deber moral. 3. Características do deber xurídico: posibilidade; exterioridade; licitude; equivalencia entre débito e prestación; irrenunciabilidade; esixibilidade; determinación ou determinabilidade; inexcusabilidad. 4. Situacións de deber xurídico: suxeción e deber. 5. As garantías do deber xurídico. |
Tema 8. O dereito subxectivo | 1. Idea xeral. Aproximación desde o uso lingüístico e desde as clasificacións científicas máis estendidas. 2. Estrutura do dereito subxectivo: suxeito activo; suxeito(s) pasivo(s); obxecto; contido; fundamento; título. 3. Dimensión dinámica do dereito subxectivo. Condicións de exercicio. Extensión. Límites. 5. Recapitulación: o dereito subxectivo, construción abstracta. 6. Outras situacións de poder xurídico: as potestades. |
Tema 9. Os feitos e as accións ante o Dereito | 1. Actos e feitos. 1.1. Feitos e feitos xurídicos. A noción de relevancia xurídica. 1.2. Os actos xurídicos. 1.2.1. Actos libres. 1.2.2. Actos debidos. 2. A violación da orde xurídica. Acto ilícito, responsabilidade e sanción. 2.1. O acto ilícito. Concepto. Ilícitos típicos e ilícitos atípicos. 2.2. A responsabilidade. Concepto e clases. Elementos. 2.3. A sanción. Concepto e clases de sancións. 3. A solución de conflitos e a reparación da orde xurídica. O proceso desde a teoría xurídica. |
Tema 10. A resolución de controversias con base no Dereito: nocións de teoría da aplicación ou determinación do Dereito. | 1. Os problemas da linguaxe do Dereito e a necesidade da interpretación. Noción e tipos. 2. Interpretación e aplicación. A aplicación do dereito e a resolución da controversia como actividade complexa: subsunción e decisión. 3. A xustificación das decisións xudiciais. A tarefa creativa dos xuíces. |
Segunda parte. O Dereito como práctica social |
__________________________________________________ |
Tema 11. O Dereito como instrumento para a vida social. | 1. A socialidade humana e a orde social. 2. A orde social non é unha orde espontánea: funcións do Dereito en relación coa orde social. 3. Dereito, comunidade política e poder. 3.1. A comunidade política como creadora e conservadora da orde xurídica. 3.2. O Dereito factor de organización, lexitimación e conservación da comunidade política. |
Tema 12. O Dereito como conxunto de materiais vinculantes para a resolución de conflitos. | 1. O Dereito non é só o sistema de normas que se deriva ou extrae do sistema de fontes. 2. Os preceptos: regras, principios, conceptos e estándares xurídicos. 3. A técnica xurídica. 4. O elemento ideal: os valores. Valores xurídicos. 5. A interrelación entre o elemento ideal, a técnica e os preceptos. |
Tema 13. Fins do Dereito e valores xurídicos | 1. A xustiza. 1.1. Aproximación á noción de xustiza. Xustiza material e xustiza formal. 1.2. Principais proxeccións da xustiza. 2. A seguridade. 2.1. A seguridade como condición e esixencia da vida humana. 2.2. A seguridade xurídica, calidade do Dereito que introduce certeza e orde. 2.3. Principais proxeccións e limitacións da seguridade xurídica. 3. Relacións entre xustiza e seguridade. |
Tema 14. As formas activas da vida xurídica. | 1. A produción de normas: en particular, a lexislación. 2. O tráfico xurídico. 3. A adxudicación. 3. Relación entre as actividades anteriores e o Dereito como conxunto de materiais vinculantes. |
Tema 15. En definitiva, que é o Dereito? O Dereito como práctica social. | 1. A unificación dos sentidos de "Dereito". 2. Definicións que outorgan primacía a un dos sentidos. 3. Definicións descriptivas globais. O Dereito como práctica social. 4. Proposta dunha definición descriptiva do Dereito. 5. Carácteres do Dereito como práctica social: 5.1. Carácter institucional. 5.2. Normatividade. 5.3. Coactividade. 5.4. Pretensión de comprehensividade e pretensión de supremacía. |
|