Dado que se trata
dunha materia interdisciplinar, na que concorren Dereito penal e Dereito
Administrativo, pero na que os principios do Dereito Administrativo Sancionador
proveñen en esencia dos do Dereito penal, considérase axeitado outorgar un
maior peso á primeira das materias, de modo que -ademáis de haber un reparto do
80%-20% nas clases presenciais- existirá un 80-20% na avaliación da
calificación final.
Deste xeito, a
cualificación final da materia virá dada da seguinte maneira:
a) Cualificación
do exame oficial:
O exame oficial
consistirá en:
- Unha proba
obxectiva única (test con resposta alternativa) e eliminatoria, que terá
un valor máximo de 7,5 puntos. Neste exame, a nota de corte para
poder sumar os restantes aspectos avaliables será, como mínimo, de 4
puntos.
- Un caso práctico
de Dereito Penal, cun valor máximo de 2 puntos.
b) Cualificación
de actividades prácticas en avaliación continua
Sempre que se supere a proba obxectiva cun 4, as actividades prácticas
realizadas na parte de dereito administrativo serán cualificadas sobre un total
de 0,5 puntos.
Para o caso dos
estudantes con matrícula a tempo parcial que resulten beneficiarios da dispensa
de asistencia ás aulas, a actividades prácticas realizadas ao longo do curso
poderán ser realizadas telematicamente nos termos que fixe cada profesor/a.