Guest lecture / keynote speech |
O curso desenvolverase a través das aulas presenciais e do traballo persoal autónomo dos estudantes en horas non presenciais (estudo do temario a través das lecturas obrigatorias, preparación dos exercicios de aplicación, elaboración de dous resumos e elaboración dun traballo tutelado).
O curso iniciarase cunha sesión presencial na que o profesor describirá os contidos, a planificación, a metodoloxía docente e o sistema de avaliación da materia e resolverá todas as dúbidas que lle formulen os estudantes en relación con estas cuestións.
Os temas do programa desenvolveranse a partir da exposición básica dos contidos e da presentación de recursos polo profesor en SESIÓNS MAXISTRAIS. |
Seminar |
As sesións maxistrais complementaranse con outras (SEMINARIOS) que servirán para que os/as estudantes poidan presentar os resultados do seu labor nas ACTIVIDADES de aplicación a situacións concretas e de adquisición de habilidades básicas e procedementais relacionadas coa materia obxecto de estudo.
Algunhas destas PRÁCTICAS desenvolveranse con equipamento especializado na aula informatizada. |
Critical bibliographical |
Elaborarase unha RECENSIÓN dun artigo ou dun capítulo dunha monografía escollidos polo/a estudante de entre os que figuren na bibliografía dos temas do programa |