Investigación (Proxecto de investigación) |
A6 A18 B1 B6 C3 |
-Os alumnos realizarán un proxecto por parellas (só en casos excepcionais e coa autorización do profesorado podería realizarse individualmente).
-O proxecto consistirá nunha análise crítica e unha avaliación da contribución positiva e/ou negativa dun acontecemento ou unha persoa (non viva) á sociedade e ás culturas de fala inglesa. Non se trata dunha mini-biografía, listaxe de logros, folleto de tipo turístico/histórico, etc. (como en Wikpedia),
-O proxecto consistirá en (i) unha presentación oral (en clase) en datas que se anunciarán en Moodle; (ii) un resumo de 500 palabras, con 5 palabras crave, bibliografía e recursos dixitais consultados; (iii) unha versión impresa da presentación en Powerpoint. Instrucións específicas en clase e en Moodle.
-O alumnado queda avisado de que a facultade dispón dunha ferramenta informática (Turnitin) para detectar plaxio (é dicir, copiar o traballo doutros en parte, ou enteiramente), ademais de detectar se un traballo xa foi entregado como parte doutra materia polo mesmo estudante. O plaxio implicará un 0 nesta parte da avaliación.
|
25 |
Proba mixta |
A2 A11 B7 |
Proba escrita: respostas breves; redacción de pequenos comentarios; identificación de elementos significativos, obxectos, documentos históricos e culturais, cadros, trazos xeográficos. |
50 |
- Proba
mixta: data aprobada por Xunta de Facultade para o curso 2019-20 (primeira
oportunidade en xaneiro 2020). Esta data non é negociable, a non ser que
coincidan dous exames o mesmo día e mesma hora. As datas para a entrega de
tarefas e a presentación deben respectarse; calquera incidencia que
impide cumprir cos requisitos debe xustificarse documentalmente. - Para
aprobar a materia é necesario conseguir un 5 sobre 10 en cada apartado da
avaliación. - A oportunidade de xullo non é para mellorar nota nas
partes da avaliación xa aprobadas. A segunda oportunidade de xullo basearase na repetición da(s)
parte(s) da avaliación que non se superaron, conservando os mesmos porcentaxes
(25% + 50% + 25%). En xullo o 5% correspondente ás tarefas TGR incorpórase á
cualificación das tarefas interactivas, resultando en 25% para as dúas tarefas
escritas. A presentación oral levarase a cabo o mesmo día do exame de
xullo. A documentación escrita asociada á presentación entregarase o 28 de xullo de 2020 (data límite). - Os temas para a repetición das
tarefas escritas (interactivas) anunciaranse en Moodle. Data límite de entrega:
5 de xuño de 2020. Aplicarase unha
penalización pola entrega tardía. - Obterá
unha cualificación de “Non Presentado” aquel/a estudante que non se presente á
proba escrita (a mixta), e que tampouco entregase polo menos un 50% das tarefas
prácticas. - Os
alumnos/as que suspendan na primeira oportunidade e non se presenten á segunda
oportunidade de xullo terán a nota de suspenso. - Os alumnos
que se presentan á convocatoria adiantada de decembro avaliaranse segundo as
normas especificadas para a oportunidade de xullo. - Aqueles
alumnos que oficialmente fosen matriculados a tempo parcial, e que posúan unha
dispensa académica, tal e como establece a Normativa de permanencia desta
universidade, serán avaliados en calquera oportunidade (primeira ou segunda)
seguindo os mesmos criterios que para a segunda oportunidade de xullo.
|