• Para aprobar a materia a/o estudante debe obter unha nota de 5 (ou superior) a 10 despois de sumar todos os compoñentes da avaliación. Adicionalmente, non se superará a materia a menos que se obteña unha nota mínima de 4 sobre 10 no exame final.
• A segunda oportunidade de avaliación en xullo consistirá nas seguintes seccións:
1) un exame escrito similar ao final de xuño (40%);
2) un ensaio crítico (40%);
3) preguntas escritas adicionais que substituirán a sección “Discusión dirixida” da primeira oportunidade (20%).
• Obterase unha calificación de "non presentado" por non acudir ao exame e/ou por ter completado traballo de curso que represente unha porcentaxe inferior ao 50%.
• O alumnado que se presenta á convocatoria adiantada de decembro avaliarase segundo as normas especificadas para a oportunidade de xullo.
• O alumnado matriculado a tempo parcial e que teña concedida unha dispensa académica deberá porse en contacto co profesorado da materia a principio de curso e avaliarase do mesmo xeito que o especificado para a oportunidade de xullo.
• O profesorado pode usar o servizo de detección do plaxio “Turnitin” para revisar o traballo do alumnado. O plaxio en calquera actividade significará a cualificación de "cero" nesta actividade.
• Existe unha oficina (ADI) na universidade que se especializa en "atender os membros da comunidade universitaria con necesidades especiais derivadas da discapacidade ou doutras formas de diferenza fronte á poboación maioritaria". O alumnado que o desexe pode falar coa profesora Ana Veleiro para acadar máis información ou poñerse directamente en contacto coa ADI na dirección de email adi@udc.es.