O exame final (proba obxectiva) comprenderá toda a materia. Esta proba acadará ata o 50 % da cualificación final. Os alumnos que non se presenten as probas finais escritas, sexa en xuño ou en xullo, acadarán NON PRESENTADO, independentemente dos exercicios ou actividades realizadas.
O traballo avaliado deberá obter 4/10. O alumno/o deberar realizar polo menos o 50% de todo requerido para a calificación final.
Si suspende o exame final, os traballos tutelados, os exercicios escritos o a presentación oral, terá que repetir estas partes que suspenda no exame de xullo.
Aqueles alumnos oficialmente matriculados a tempo parcial e que teñan concedida unha dispensa académica, como establece a Normativa de esta universidade, serán avaliados en calquera opotunidade seguindo os mesmos criterios establecidos para a segunda oportunidade de xullo.
Os alumnos que se presentan á convocatoria adiantada de decembro avaliaranse segundo as normasespecificadas para a oportunidade de xullo.
Sobre el plaxio
Os traballos escritos poden ser revisados a través da aplicación Turnitin que detecta citas incorrectas,plaxio e outros tipos de fraude. Se isto ocorrer, aplicaranse as normas contra o plaxio (Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dosestudos de grao e mestrado universitario). Turnitin recoñece traballos previamente realizados por outras persoas (ou polo/apropio/a estudante) nesta universidade ou noutras, ademais doutros materiais localizados en Internet.