Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Traballo Fin de Grao
   Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Presentación oral A1 A2 A6 B1 B3 C2 C6 C8 Será valorada polo tribunal, según o seguinte:

1. Exposición (35%):
-axustada ao tempo
-clara e estruturada
-corrección e adecuación lingüística

2. Contido do discurso (35%):
-capacidade de síntese
-atención aos aspectos relevantes do traballo

3. Resposta ás observacións do tribunal (15%):
-resposta axeitada a todas as observacións e preguntas

4. Utilización de medios e materiais de apoio (15%)
-utilización de forma efectiva e pertinente de medios audiovisuais e/ou materiais de apoio
30
Traballos tutelados A1 A2 A6 B1 B3 C2 C6 C8 Será valorado polo director do traballo, según o seguinte:

1. Aspectos formais (20%):
-adecuación ao formato establecido
-citas e referencias bibliográficas
-presentación xeral do texto (exemplos, gráficos, anexos, etc.)
-corrección lingüística.

2. Contido (60%):
-estrutura do contido: coherente e adecuada ao tema
-claridade expositiva
-selección e utilización da bibliografía
-resultados e conclusións acordes cos obxectivos expostos.

3. Proceso de realización (20%):
-organización, temporalización, autonomía
70
 
Observacións avaliación

  • A cualificación final do traballo é emitida polo tribunal. É necesario, polo tanto, a presentación oral.
  • Serán cualificados con "No presentado" os alumnos que no realicen a presentación oral pública ante o tribunal.

A estrutura do Traballo de Fin de Grao axustarase a estas características: 

 1. Capa, que incluirá, obrigatoriamente, o logotipo e o nome da Universidade, 
o nome da Facultade, a denominación do grao, o título do traballo, o nome 
do  autor  ou  da  autora,  o  visto  e  prace  manuscrito  do  director  ou  da 
directora co seu nome, e o ano de presentación. Non se numerará.  

2. Índice do traballo con paxinación. 
    

3. Resumo do traballo, que dará conta necesariamente de obxectivos, metodoloxía,  unha  síntese  dos  contidos  e  as  conclusións  e  será  aproxima?
damente de 500 palabras.  

 4. Introdución, que deberá incluír os obxectivos do traballo e a explicación e a 
xustificación da metodoloxía utilizada. 

 5. Traballo.  

6. Conclusións. 

 7. Referencias bibliográficas.  

 8. Anexos (se os houber).  

O  Traballo  de  Fin  de  Grao  terá  unha  extensión  mínima  de  9 000  e  máxima  de 11 000 palabras. Para o cómputo non se terán en conta os apartados 1, 2, 3, 7 nin 8. 
Presentarase en  formato A4, con marxes de 2,5 cm, interliñado dobre e letra de 
12 puntos. 
A paxinación dos apartados 2 e 3 realizarase en numeración romana. 

  • Calquera falta de honradez académica (plaxio ou outras formas) penalizarase co suspenso automático do TFG.
  • Turnitin é unha
    aplicación de uso para o profesorado coa finalidade de revisar
    porcións de texto procedentes doutros textos e sinalar a súa
    procedencia. É unha boa ferramenta para detectar o plaxio.
  • O seu uso é
    opcional, pero deberá advertirse ao estudantado  xa
    que pode recoñecer traballos previamente presentados nesta ou
    noutras universidades, incluso do mesmo estudante.
  • Se esta
    circunstancia acontecese entenderase como contraria á honestidade
    académica e aplicarase a Normativa académica de evaluaciones, de
    calificaciones y de reclamaciones avaliación.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes