Guía DocenteCurso Facultade de Filoloxía |
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios |
Asignaturas |
Literatura Norteamericana nos seus Textos |
Metodoloxías |
|
|
|
Datos Identificativos | 2019/20 | |||||||||||||
Asignatura | Literatura Norteamericana nos seus Textos | Código | 613G03047 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Cuarto | Optativa | 4.5 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Lecturas | Espérase que cada estudiante lea todos e cada un dos textos polo miudo e de xeito crítico, intentando acadar as súas proprias conclusións. Tamén se espera que realicen as lecturas obrigatorias antes da clase. Grazas ao programa detallado que se lle entrega ao alumnado durante a primeira semana de clase, coñécense con antelación as datas nas que se analizará cada unha das lecturas obrigatorias. |
Presentación oral | Esta breve exposición oral levarase a cabo en grupos reducidos (2-4 estudiantes por equipo). Cada grupo escollerá un tema da lista que a docente proporcionará ao inicio do cuadrimestre, cando se darán todos os detalles do traballo. Os grupos poderán elixir entre distintas datas durante os meses de abril e maio para levar a cabo a súa exposición. |
Sesión maxistral | Neste tipo de sesións a docente explicará o contexto socio-histórico e cultural no que se inscriben os textos a analizar, exploraranse os conceptos teóricos máis relevantes e proporcionaranse pautas de análise textual. As sesións maxistrais levaranse a cabo nas clases co grupo grande, correspondentes á docencia expositiva (DE). De xeito ocasional, poderase organizar unha conferencia a cargo de expertas/os doutras universidades. |
Análise de fontes documentais | Análise textual (close reading) e respostas razoadas sobre a leitura persoal dos textos. |
Proba mixta | Estas probas finais, que se realizarán nas datas oficiais de exames (oportunidades de xuño e xullo), consistirán en preguntas de tipo teórico-práctico, e poden incluir preguntas breves así como exercicios máis longos e complexos (essay questions). Vid. AVALIACIÓN. |
Proba de ensaio | Estas probas ou exercicios consisten na elaboración de ensaios breves en resposta a preguntas teórico-prácticas e se levarán a cabo fundamentalmente na aula, se recollerán e computarán a efectos de avaliación. Nos seminarios cos grupos pequenos se procederá a explicar os erros e dúbidas máis relevantes dos exercicios recollidos en clase. |
|