Objective test |
Se realizará por medio dunha proba escrita tipo test sobre conceptos básicos estudados no curso. Esta proba puntuará un 40% da nota final. |
Guest lecture / keynote speech |
Sesións expositivas, nas que os presentarán conceptos e/ou procedementos, achegando información básica necesaria para entender unha perspectiva teórica ou un procedemento práctico, promovendo a participación do estudantado. A maioría dos temas serán expostos mediante lección maxistral. O alumno terá acceso as presentacións na Web do mestrado. |
Seminar |
Clases prácticas con exercicios e/ou titorías en grupo para resolver as dúbidas que poidan xurdir no desenvolvemento da docencia e que non fosen resoltas nas restantes sesións presenciais. |
Supervised projects |
Actividades de aprendizaxe autónoma, nas que os docentes guiarán a realización de traballos individuais por parte do alumnado. En casos excepcionais, debido á dificultade e interdisciplinaridade da tarefa, esta aprendizaxe poderá ser colaborativa, polo que os docentes coordinarán a realización do traballo en grupo.
Aqueles alumnos que desexen presentar un traballo tutelado relacionado con esta materia, se lles proporcionará un tema específico e o seu correspondente asesoramento. Se dá tamén a posibilidade de que os alumnos propoñan un tema aos docentes da materia. |