Traballos tutelados |
A1 A2 A3 A8 A9 B1 B2 B8 C6 C7 |
Os estudantes deberán realizar un traballo, individual ou en grupo, sobre un artigo científico, tendo que defendelo de forma oral. Na segunda oportunidade a defensa do traballo realizarase mediante unha proba escrita. |
20 |
PRIMEIRA OPORTUNIDADE: Terá cualificación de NON PRESENTADO calquera estudante que non realice a proba mixta. SEGUNDA OPORTUNIDADE: Poderán presentarse á segunda oportunidade ÚNICAMENTE aqueles estudantes que non superen a materia na primeira oportunidade. A recuperación de cada unha das partes farase da seguinte forma: - Prácticas (50%): os estudantes poderán repetir as prácticas propostas durante o curso nas mesmas condicións que na primeira oportunidade (as prácticas entregadas de forma tardía obterán un máximo de 80%). Así, en caso de repetir todas as prácticas, a nota máxima que pode obterse é de 4 puntos.
- Traballos tutelados (20% da nota final): a defensa realizarase mediante unha proba escrita.
- Proba mixta (30%): realización nas mesmas condicións que na primeira oportunidade.
- En caso de non realizar a recuperación dalgunha das partes, conservarase a nota obtida na primeira oportunidade nesa parte.
- Para aprobar a materia é obrigatorio obter unha nota mínima de 1,5 sobre 3 na proba mixta.
- Terá cualificación de NON PRESENTADO calquera estudante que non opte á recuperación de ningunha das partes.
OPORTUNIDADE ADIANTADA: A avaliación na oportunidade adiantada consistirá dunha proba escrita (100% da nota final), que recollerá os coñecementos e competencias adquiridos durante as sesións maxistrais, prácticas e traballo tutelado.
DISPENSA ACADÉMICA: Aqueles estudantes con matrícula a tempo parcial e dispensa académica que lles exima da asistencia ás clases deberán contactar cos docentes durante as dúas primeiras semanas de clase para establecer as condicións de entrega e defensa das prácticas e dos traballos tutelados.
|