Guía DocenteCurso Facultade de Informática |
Máster Universitario en Ciberseguridade |
Asignaturas |
Análise Forense de Equipos |
Avaliación |
|
|
|
Datos Identificativos | 2019/20 | |||||||||||||
Asignatura | Análise Forense de Equipos | Código | 614530012 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Optativa | 3 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Prácticas de laboratorio | A6 B1 B2 B3 B7 C4 | Realización e defensa das prácticas en computador, dentro das horas de prácticas e antes da data límite establecida. | 40 |
Proba obxectiva | A6 B1 B2 B3 B7 C4 | Ao finalizar o cuadrimestre, realizarase unha proba escrita mediante a que se valorarán os coñecementos e capacidades adquiridos polo alumno. | 60 |
Observacións avaliación | |||
1. PRIMEIRA OPORTUNIDADE Os alumnos poden decidir ser avaliados segundo un modelo de avaliación continua ou ben de avaliación única. Entenderase que un alumno elixe avaliación continua ao defender a primeira das prácticas da materia. Unha vez os estudantes opten polo modelo de avaliación continua a súa cualificación non poderá ser nunca "Non presentado". 1.a) Avaliación continua Consiste na realización e defensa dunha serie prácticas de laboratorio, ao longo do período no que se imparte a materia, e na realización dunha proba obxectiva, cuxas características se describen máis arriba. A cualificación será o resultado de aplicar a media ponderada entre os resultados: (i) Proba obxectiva (60%), e (ii) prácticas de laboratorio (40%). 1.b) Avaliación única Consiste na realización dunha proba obxectiva, coas mesmas características da correspondente a avaliación continua. E, adicionalmente, outra proba escrita, que se realizará a continuación do anterior, sobre a parte práctica, e que terá o mesmo peso que esta parte na avaliación continua. 2. SEGUNDA OPORTUNIDADE 1.a) Avaliación continua No caso de que o alumno seguira o modelo de avaliación continua na primeira oportunidade, pode decidir conservar nota de prácticas. Neste caso so terá que facer o exame relativo á parte de teoría (proba obxectiva). Ou pode decidir renunciar á nota de prácticas e avaliarse pola modalidade de avaliación única. A nota de prácticas só se conserva durante o curso académico. A nota do exame de teoría non se conserva. No caso de que o alumno non seguira o modelo de avaliación continua na primeira oportunidade, debe acollerse ao modelo de avaliación única. 1.b) Avaliación única Ten as mesmas características que a avaliación única da primeira oportunidade. 3. PLAXIO Si se detectase plaxio en calquera das probas de avaliación, a cualificación final da materia será de "suspenso (0)", feito que se comunicará á dirección da escola para adoptar as medidas oportunas. |
|