A parte teórica da materia computa o 40% da nota. As actividades dos TGR computan o 20% da nota. A avaliación dos TGR farase xunto co exame teórico.
O 40% restante repártese entre as prácticas e calquera outra actividade de avaliación realizada ao longo do curso.
Para aprobar a materia é necesario aprobar todas e cada unha das seccións da avaliación. Para a segunda oportunidade, manteranse os resultados obtidos en cada sección da primeira oportunidade.
No caso de estudantes a tempo parcial, a falta de asistencia ás clases de prácticas e TGR xustificadas non será penalizada.
Pódense obter puntos adicionais por levar a cabo as actividades en inglés (por exemplo, enviando o informe dunha práctica en inglés, presentando unha práctica en inglés, etc.). En ningún caso se penalizará por realizar actividades en castelán e/ou galego.