1.- A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:
1.1. Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático
1.2. Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos
1.3. De se realizar en papel:
- Non se empregarán plásticos.
- Realizaranse impresións a dobre cara.
- Empregarase papel reciclado.
- Evitarase a impresión de borradores.
2.- Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural
3.- Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados
cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e
profesionais
4.- Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a
docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta
materia (usarase
linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores de ambos os
sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...)
5.-
Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes
sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade
6. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas
7.
Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas,
sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un
acceso axeitado,
igualitario e proveitoso á vida universitaria |